miércoles, 20 de mayo de 2009

Cronica

Se pensamos en Mondoñedo, pensamos nunha vila herdeira dunha historia cimentada século a século, pedra a pedra, onde poetas, escritores e outras figuras notables da nosa cultura prestixiaron esta orixe ata os nosos días.
Por eso Mondoñedo aparece como un berce luminoso que oscurece una natureza feiticeira que moitas veces é ignorada polo visitante.
Nada como ser arrastrado por dous mindonienses por camiños que se encadean para envolver o concello: Vadeamos ríos e praderías refrescantes adornadas por herbas do carpinteiro (ou herbas da rula), rozamos estrugas e mentas , o antídoto e remedio para as primeiras. Desfilamos ante carballos, castiñeiros e piñeiros que gañan fragancia con cada gota de auga.
Que pouco sabemos descifrar esta aperta verde que nos envía esta terra!
Ángel e Javier preparan a ruta para facernos o camiño máis doado, abrindo a espesura, inventando pontes, buscando atallos e contra-atallos que nos divirten, subindo, baixando, rompendo a monotonía da semana.
Un 17 de maio, mil primaveras máis, pero una chuvia consistente que pon a proba a nosa enerxía dominical.
Non quixera outro escenario para a ruta da auga, chamádeme tolo, a pesar da incomodidade que se cala nos ósos, a pesar do estorbo dos paraugas…é especial sentir o frescor das altas herbas, o verdor dos prados marabillosos que se descolgan en cada valado, comprobar a orixe desta Galicia húmida.
Abrimos e pechamos mil cancelas sentíndonos hóspedes deste Mondoñedo tan distinto á Praza da Catedral, os Remedios, á Alameda…un descubrimento no que somos iniciados por dous vecinos de Viloalle porque todo ten nome nesta ruta e hai que lembralo maís tarde: Supena , Orxal, Paosalido, Pacios,Casavella,O Vilar, As Bouzas, Valiñadares, Os Muiños e A Fontevella.
Cada topónimo esconde detrás una historia e una vida…
Baixo a piscina fluvial onde as chuvias fan rompente en escuma e barro, compartimos comida, bebida, risas e naipes.
E eu síntome agradecido de formar parte destes itinerarios que nos descubren a mellor parte de nós mesmos.

Suso Rubio

No hay comentarios:

Publicar un comentario